Mármores e Granitos Bergantiños, comeza a súa actividade no ano 1985 desde os seus inicios realizou grandes trocos de modernización mellorando e medrando de maneira moi importante en instalacións e equipo human.

Nosos primeiros traballos foron de corte de chapa principalmente para encimeiras e decoración en mármore e granito.

Hoxe en día realizamos todo tipo de traballos en mármore, granito, encerados, materiais prefabricados silestone, compactos, etc., pola súa parte isto require un tratamento especifico e individual en cada material, para iso contamos cunha maquinaria de última xeración acompañada dun equipo de traballadores altamente cualificados que nos permite acadar un acabado de alta calidade.

Os nosos servizos van desde a fabricación e transformación do produto ata a súa instalación realizando un seguimento continuo en todo o proceso, conseguindo así un resultado final de calidade satisfactoria para os nosos clientes. Grazas a estes resultados e á confianza dos nosos clientes permitiron que Mármores e Granitos Bergantiños sexa unha empresa consolidada no sector con máis de 25 anos de traballo ininterrompido acumulando experiencia e especialización.